00:00 hasta las 00:00
GÁLIX | 'Un poema na túa voz'

GÁLIX | "Un poema na túa voz"

Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, estes días temos pechadas as bibliotecas escolares, as bibliotecas públicas e as librerías.
Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, nós animámosvos a  ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas.

Aproveitemos este tempo para ler poesía en galego en familia e, se queredes, participar no concurso de GÁLIX: "Un poema na túa voz", pois variamos as bases de maneira que ademais participar a través as bibliotecas escolares e públicas ou as librarías, tamén se poida facer a través das familias.

Velaquí a nosa proposta para pasar unha corentena en familia.

+INFO
http://www.galix.org/2020/03/por-mor-das-circunstancias-excepcionais.html
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android